2-5. O Burela logra o pase a oitavos da Copa do Rei a costa do Santiago Futsal

Quintela intenta marcar en el partido.SANTIAGO FUTSAL
photo_camera Quintela intenta marcar no partido.SANTIAGO FUTSAL

O Pescados Rubén Burela FS liquidou o derbi galego ante o Santiago para coarse nos oitavos de final da Copa do Rei. Os mariñáns fixeron valer a súa maior categoría para contrarrestar a motivación dos composteláns, que exhibiron carácter para complicar o pase burelense.

Renato, cun ‘hat-trick' acabou co sufrimento laranxa tras verse 2-1 en contra no tramo inicial do segundo tempo. Quintela e Álex Diz foron os autores dos outros dous goles do cadro laranxa, que xa espera rival para intentar coarse nos cuartos de final, o seu tope histórico na competición.

Máis en A Mariña
Comentarios