1-6. O Burela está a punto para o clásico

O Burela supera en Esplugues e segue a dous puntos do Futsi Atlético, co que se verá as caras a próxima semana
Peque regresa al Burela FS. AMA
photo_camera Peque celebra un gol nun partido. AMA

O Pescados Rubén Burela FS asinou no mediodía deste domingo un triunfo solvente na pista de Penya Esplugues (1-6). O conxunto mariñán continúa así a tan só dous puntos do primeiro clasificado, o Futsi Atlético. A próxima semana, o clásico que enfrontará a estes dous equipos en Vista Alegre decidirá se o Burela pode situarse primeiro no alto da táboa.

O partido decidiuse a poucos minutos do comezo. Ale de Paz adiantou ás mariñás no minuto 2 tras un pase de Jane. Chegando á metade da primeira parte, as catalás quixeron sorprender e optaron por xogo de cinco. Con todo, Peque atopou a oportunidade de ampliar a vantaxe e Dany tampouco quixo desaproveitar a ocasión e subiu o terceiro ao marcador. O Esplugues puido mitigar levemente a eficacia burelista co gol de Celia no minuto 16, gañando as costas á defensa das de Julio Delgado e Lucas.

Meteu unha marcha máis a escuadra burelense tras o descanso. Peque selou o 1-4 no 23 tras un rexeite de Jane. Tamén volveu ver portería Ale de Paz, no 33. Co 1-5 e a falta de 6 minutos, o Penya apostou de novo por xogo de cinco, cunha perfecta resposta en defensa das mariñás. Peque, a estelar 7 laranxa anotou a súa hat trick na recta final para reafirmar o triunfo vistante.

"O equipo mostrouse moi serio, con boa circulación, boas triangulaciones e protagonismo en todas as rotacións", valoraba Julio Delgado tras a cita. á súa vez, o técnico recoñecía recuperar as sensacións para chegar nas mellores condicións ao clásico", que se xogará o vindeiro sábado en Vista Alegre ás 18.30 horas.

FICHA TÉCNICA
AE Penya Esplugues: Ana; Celia, Roser, Arantxa, Laura —quinteto inicial—, Álex, Berta, Pilar e Marta.
Peixes Rubén Burela FSF: Ana Romero; Cilene, Peque, Jane, Ale de Paz —quinteto inicial—, Jenny Lores, Luci, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jenny, Dany e Jozi.
Goles: 0-1, m.2: Ale de Paz. 0-2, m.10: Peque. 0-3, m.10: Dany. 1-3, m.16: Celia; 1-4, m.23: Peque. 1-5, m.32: Ale de Paz.1-6, m.38, Peque.
Árbitros: Alberto Centeo e Jordi Centeo. Amoestaron á xogadora do Burela Peque (minuto 19).
Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira División.

Comentarios