1-1. Xusta repartición de puntos ente o Pescamar e os Pescados Rubén

Os Pescados Rubén FS sacou un punto no primeiro derbi irmandiño grazas a un tanto da brasileira Emilly na segunda parte ante un Poio que foi mellor nos primeiros vinte minutos
Un momento del encuentro entre el Poio Pescamar y el Pescados Rubén. EP
photo_camera Un momento del encuentro entre el Poio Pescamar y el Pescados Rubén. EP

Xusta repartición de puntos no derbi irmandiño no pavillón da Seca entre o Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela FS nun partido moi intenso. Os locais foron mellores na primeira parte, onde se adiantaron con gol de Dani Sousa, pero as laranxas reaccionaron na segunda parte, onde lograron igualar o encontro cun tanto de Emilly nun saque de banda tras un rexeite.

Na primeira parte o Poio Pescamar ensinou as súas garras. Cun xogo moi agresivo, cunha presión alta, incomodou en todo momento ao conxunto laranxa, que non tiña fácil circular o balón, xa xogando de catro ou con 3-1 con Dany ou Emilly de pivote.

Peque tivo unha dobre ocasión no minuto 5, pero ambas se foron fóra, e pouco despois Dany intentouno, pero parou Caridade. Luisa Mayara e Luci responderon as locais, pero Sandra parou o lanzamento da segunda, que volveu sacar un lanzamento de Dupuy, mentres Cilene volvía saltar á cancha nove meses logo da súa grave lesión.

A crónica completa na edición impresa deste domingo de EL PROGRESO

Comentarios