Xunta e Concello executan obras de mellora no tradicional Belén de Begonte

Está previsto que abra as súas portas o 5 de decembro
El belén de Begonte. AEP
photo_camera O belén de Begonte.AEP

A Xunta de Galicia e o Concello de Begonte executan obras no edificio que alberga o tradicional Belén Electrónico de Begonte, que foi declarado Festa de Interese Turístico, para mellorar as súas instalacións antes da apertura da XLVIII edición.

Segundo informaron os promotores do Belén begontino, un dos máis tradicionais e coñecidos de toda Galicia, dado que os seus inicios remóntanse ao ano 1972, as obras de mellora no Centro Cultural José Domínguez teñen un orzamento de 30.000 euros e, previsiblemente, quedarán listas nos próximos días. En principio, está previsto que o Belén quede aberto ao público o próximo 5 de decembro.

Os traballos buscan mellorar a seguridade e a comodidade dos visitantes, coa construción dunha bancada con asentos e maior espazo para as persoas con problemas de mobilidade que teñen que desprazarse en cadeiras de rodas.

Así mesmo, no exterior do edificio está a substituírse a cuberta da zona de acceso ao Belén e ao salón de actos.

Como cada ano, espérase a chegada de miles de visitantes ao Belén Electrónico de Begonte, que nas súas últimas edicións logrou atraer a este municipio do interior de Lugo a unhas 40.000 persoas

Comentarios