domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

O xulgado declara nulos os despedimentos de 5 traballadores do GES de Guitiriz en maio

Maza dun xuíz. PIXABAY
Maza dun xuíz. PIXABAY
O Concello, que pode recorrer á sentenza, tería que abonarlles unha indemnización ou reincorporalos, segundo os operarios

O Xulgado do Social número 3 de Lugo declarou a nulidade do despedimento de cinco operarios do desaparecido Grupo de Urxencias Supramunicipal de Guitiriz, polo que o Concello tería que readmitilos, abonándolles os salarios non percibidos, ou pagarlles a indemnización correspondente. A decisión non depende do goberno local, senón dos propios traballadores, tal e como contempla o convenio colectivo.

O xuíz non dá validez aos argumentos esgrimidos polo Concello para xustificar os despedimentos, comunicados aos afectados a mediados de abril e efectivos desde o 1 de maio de 2019, ao entender que "non consta ningunha razón que xustifique a decisión extintiva". Si acepta a postura dos demandantes, xa que "resulta clara a conexión entre a presentación dous actores ás aleccións sindicais de representantes dos traballadores e as anteriores reclamacións e demandas presentadas polos actores coa posterior decisión extintiva".

A sentenza tamén precisa que as funcións dos GES correspóndense con necesidades "permanentes", polo que non dá lugar a un contrato de duración determinada e incide en que tampouco existen "circunstancias económicas" que xustifiquen o paso dado polo Concello.

Desde a CIG aseguran que esta decisión valida as súas críticas, nas que incidían en que "a extinción do servizo dos GES e os despedimentos non atendían a ningunha razón obxectiva, senón a un capricho da alcaldesa por aquel entón, Regina Polín, por desfacerse duns traballadores que lle resultaban incómodos". A sentenza fai "xustiza" a un grupo de operarios "represaliados por ter a ousadía de reclamar dereitos inherentes ao seu posto de traballo", din, animando ao goberno local a volver adherirse ao convenio do GES.

A rexedora precisou tamén que "neste momento concreto" non prevén recuperar o GES "porque ningún outro Concello quixo asumilo"

E é que a este fallo sumar outro de outubro, tamén favorable a outro traballador. Neste caso, o Concello xa revisou a RPT para crear un posto de peón, que se fará efectivo o 1 de xaneiro, tal e como precisou a alcaldesa, Marisol Morandeira, que recordou que o goberno local está a traballar para regularizar a situación de todos os empregados municipais.

A rexedora precisou tamén que "neste momento concreto" non prevén recuperar o GES "porque ningún outro Concello quixo asumilo, e iso indica que non debe de ser fácil de xestionar" e avanzou que estudarán a sentenza para decidir se a recorren -teñen cinco días para acudir ao TSXG- ou como a acatan, xa que, se todos solicitan a reincorporación, tamén habería que crear os seus postos.

O xulgado declara nulos os despedimentos de 5 traballadores do GES...
Comentarios