Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O xornalista Fidel Fernán pregoará o día 29 a Festa da Torta de Millo de Guitiriz

Vidal, Polín e Saa. C.PÉREZ
Vidal, Polín e Saa. C.PÉREZ

A cita incluirá unha comida popular no Campo da Feira ►Un concerto de Susana Seivane clausurará a xornada

GUITIRIZ. O xornalista Fidel Fernán pregoará a Festa da Torta de Millo, que se celebrará este domingo, día 29, no Campo da Feira de Guitiriz.

O pregoeiro, que intervirá ás 21.00 horas, tamén será nomeado embaixador do sopapo de millo, xunto ao profesor guitiricense Manuel Castro Santamariña e a gaiteira Susana Seivane, cuxo concerto porá o broche de ouro a esta cita gastronómica ideada polo Concello, co apoio da Deputación achega 10.000 euros a través do plan único- e dos fabricantes de sopapo de millo de Guitiriz.

A celebración iniciarase ás 11.30 horas cunha exposición de coches antigos, que realizarán un percorrido que enlaza as tres fontes mineromedicinales do municipio.

Ás 13.00 horas chegará un dos momentos máis esperados, a degustación gratuíta do sopapo de millo, un manxar que por primeira vez tamén estará á venda.

Unha campaña de fomento da reciclaxe de Ecoembes, unha demostración de extracción de resina, talleres de artesanía ou xogos populares completarán un programa que tamén inclúe a música dos Trastiños do Castelo e a Escola Municipal de Música de Guitiriz. Ademais, ás 14.00 horas haberá unha comida popular, cun custo de 15 euros, á que pode apuntarse calquera persoa que o desexe.

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, recordou que esta cita naceu para potenciar unha «sobremesa única, que gusta» e que ademais é un dos grandes recursos de Guitiriz, xunto coa auga, o granito, o sector agrogandeiro ou a baixa contaminación lumínica.

Na presentación, Polín estivo acompañada polo edil José Manuel Saa e polo deputado de turismo, Eduardo Vidal, quen agradeceu ao Concello o «artellar unha xornada así ao redor dun produto moi importante, exclusivo e senlleiro», destacando que «ao poñer en valor lestes produtos, poñemos en valor a provincia».

O xornalista Fidel Fernán pregoará o día 29 a Festa da Torta de...
Comentarios