As xornadas de Axúdate péchanse coas ponencias de alcohólicos e unha charla

O alcohol e a alimentación e as adiccións no presente centraron a primeira sesión desta convocatoria, que celebra a súa undécima edición
Autoridades na inauguración das xornadas de Axúdate. M.ROCA
photo_camera Autoridades na inauguración das xornadas de Axúdate. M.ROCA

A casa da cultura de Vilalba acolleu este sábado a sesión inaugural das XI Xornadas sobre Alcoholismo que organiza a asociación Axúdate, unha iniciativa que "ensina moito" e que é "como a terapia dun ano", tal e como a definiu o presidente da entidade, Luis Barrio, na presentación.

A continuación, a nutricionista Almudena Seijido falou sobre alimentación e saúde e a traballadora social de Xermade, Nuria Lagüela, interviu para expoñer as adiccións no presente.

As xornadas continúan este domingo, a partir das 10.30 horas, cos relatorios de enfermos alcohólicos de Axúdate; a charla Teoría e práctica no alcoholismo de manual a terapia, do psicólogo da entidade, Alejandro Neira de Paz, e unha comida.

A encargada de clausurar as xornadas será a alcaldesa, Marta Rouco, quen tamén as inaugurou. "Facedes un traballo largo, difícil, que supón moito compromiso e esforzo. A asociación é unha familia, tecedes unha rede na que uns tirades polos outros e todos ides saíndo adiante", asegurou.

Comentarios