Xermolos abre un prazo para reservar camisetas do XL Festival Pardiñas

Desde a organización responderán coas instrucións de pago e recollida
XXXVIII Festival de Pardiñas
photo_camera Imaxe do festival, neste caso da XXXVIII edición. EP

A asociación cultural Xermolos abre un prazo para reservar camisetas do XL Festival de Pardiñas, celebrado os días 2, 3 e 4, nos que se esgotaron as máis de 1.000 unidades dispoñibles. O último día para realizar as solicitudes será o próximo 25 de agosto.

Esta segunda edición de camisetas conmemorativas do 40 aniversario do festival guitiricense só estarán dispoñibles para adultos e unisex, desde a talla S á XXXL.

Para facer efectiva a reserva será necesario indicar a cantidade e a talla, ademais do nome completo e o número de teléfono, na dirección de correo electrónico [email protected].

Desde a organización responderán as instrucións de pago -son doce euros cada camiseta- e especificarase o lugar de recollida, que en calquera caso debe ser de xeito presencial en Guitiriz.

Comentarios