Xermade vístese de negro contra as violencias machistas

Inaugurouse unha mostra pictórica de Alba Blanco, veciña de Xermade e Montse Fajardo falou sobre o seu libro

Actos en Xermade contra a violencia machista. MARTA MANCEBO
photo_camera Actos en Xermade contra a violencia machista. MARTA MANCEBO

A biblioteca municipal de Xermade acolleu este venres a presentación da campaña Xermade En Negro polas Violencias co que se conmemora o 25-N.

Inaugurouse unha mostra pictórica de Alba Blanco, veciña de Xermade e estudante de Belas Artes e Psicoloxía, e Montse Fajardo falou sobre o seu libro Invisibles: Relatos do maltrato. A obra recolle o testemuño de sete casos reais de mulleres maltratadas, das que dúas foron asasinadas polas súas parellas.

O programa de actos completarase cunha andaina o vindeiro día 25, á que animan a participar aos veciños, que deberán anotarse previamente chamando ao concello.

Comentarios