viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

Villalba destinará 78.000 euros a renovar o abastecemento en Chao Ledo

Rúa Xosé María Chao Ledo. EP
Rúa Xosé María Chao Ledo. EP

Concello de Vilalba destinará 78.160,62 euros á renovación da rede de saneamento na rúa Xosé María Chao Ledo, unha actuación que sufragará con fondos do plan único da Deputación.

As obras inclúen a renovación das canalizaciones e as acometidas da rede de abastecemento nunha das principais arterias do núcleo urbano -Chao Ledo é a continuación da Avenida Terra Chá-, o que obrigará a abrir as beirarrúas e, despois, a renovar integramente todo o pavimento. Igual que as canalizacións da iluminación, que tamén se substituirá.

Esta obra, que ten un prazo de execución de dous meses, é moi necesaria, segundo destacan desde o Concello, porque a rede de saneamento nesta rúa "actualmente sofre continuos problemas de roturas e falta de presión debidos, fundamentalmente, ao estado e o diámetro das tubaxes existentes".

"A súa renovación permitirá incrementar a súa capacidade e garantir o seu funcionamento", conclúen.

Villalba destinará 78.000 euros a renovar o abastecemento en Chao Ledo
comentarios