jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

O Vilalbés sela a renovación de Vérez, Make e López, os seus tres capitáns

Simón Lamas. ARCHIVO
Simón Lambas. ARQUIVO

O Rácing Vilalbés continúa dando os seus primeiros pasos para a configuración do equipo que competirá a próxima tempada outra vez na Terceira RFEF e ao anuncio de hai uns días da renovación do técnico, Simón Lamas, únese agora a continuidade dos tres capitáns: Vérez, Make e López, que seguirán defendendo polo menos un exercicio máis a elástica chairega.

Coa renovación do lateral dereito López e do central Vérez, Lamas asegúrase dous puntais defensivos que foron titulares durante toda a tempada, mentres que o mediocentro Make tamén foi un habitual nas aliñacións. Make é o que máis tempadas leva no club, con 11, mentres que López leva 10 e Vérez, 5.

O Vilalbés sela a renovación de Vérez, Make e López, os seus tres...
comentarios