sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

O vilalbés Emilio Bouza será o 'Fernando Simón' da Comunidade de Madrid

O novo portavoz do Grupo Covid-19 da Comunidade de Madrid, Emilio Bouza. AEP
O novo portavoz do Grupo Covid-19 da Comunidade de Madrid, Emilio Bouza. AEP

O infectólogo foi nomeado portavoz do Grupo Covid-19

O exxefe de Servizo de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón Emilio Bouza nomeado portavoz do Grupo Covid-19.

A función deste infectólogo galego, natural de Vilalba, será atender "as demandas informativas da sociedade" que deriven deste equipo, que busca "dar seguimento e resposta á evolución da pandemia na Comunidade".

Desde o Goberno rexional subliñaron, a través dun comunicado, a "destacada traxectoria asistencial, científica e investigadora" do doutor Bouza. É experto en Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía e fundador da Sociedade Española de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas.

MEDIOS DO GOBERNO A DISPOSICIÓN. Na reunión celebrada este xoves, na sede de Vicepresidencia da Comunidade de Madrid, ademais abordáronse as recomendacións para as actuacións que, no ámbito das súas competencias, anunciará este venres a Comunidade de Madrid para dobregar a curva.

"Desde o respecto ás competencias das administracións públicas", o Goberno de España puxo a disposición da Comunidade de Madrid recursos para que poida sumar aos propios como medios de rastrexo, para a desinfección, loxísticos, sanitarios e o asesoramento de organismos como o Instituto Carlos III ou o Centro de Alertas e Urxencias.

Así mesmo, durante o encontro, nomeouse aos catro técnicos sanitarios que traballarán en plena coordinación co Grupo Covid-19 para a elaboración de propostas e toma de decisións.

Polo Goberno de España, designouse ao director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, e a secretaria de Estado de Sanidade, Silvia Calzón.

Parte da Comunidade de Madrid, o viceconselleiro de Saúde Pública e Plan Covid-19, Antonio Zapatero, e o asesor de Saúde Pública e Plan Covid-19, Jesús Canora.

O vilalbés Emilio Bouza será o 'Fernando Simón' da Comunidade de...
comentarios