O xornalista vilalbés Daniel Basteiro é o novo director de Infolibre. O chairego formará parte do relanzamento do diario dixital, que este sábado cumpre sete anos e está inmerso nun proceso de "revitalización", como explican na súa web.
Basteiro é un xornalista de 33 anos nacido en Vilalba e con experiencia en medios como a edición de papel de Público, onde foi o seu correspondente en Bruxelas, o Huffington Post ou El Español.
Infolibre seguirá con Jesús Maraña como Director Editorial e Manuel Rico como Director de Investigación. O diario incorpora agora ao seu comité de dirección a Daniel Basteiro e Evangelina Casullo, que asume o cargo de xefa de estratexia dixital.
Hoxe, unha novidade persoal. \
_infoLibre o seu proxecto. Ten novo director e resulta que son eu.
Estou moi (moi) ilusionado por poder achegar a un equipo de enorme calidade xornalística coa \jesusmarana referencia. ¡Alá imos!
Os detalles:https://t.co/j6l9E3MiRi<> — Daniel Basteiro (\basteiro) March 6, 2020<>