Vilalba ten 52 casos activos de coronavirus

A alcaldesa destaca que o traballo das autoridades sanitarias está a dar os seus froitos
Elba Veleiro. ARCHIVO
photo_camera Elba Veleiro. ARQUIVO

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, confirmou  este venres que, de acordo co último dato facilitado polo Sergas ao Concello, no municipio hai nestes momentos 52 casos activos.

De todos os xeitos, a rexedora local precisou que o control por parte das autoridades sanitarias está a dar os seus froitos, porque nos tres últimos días, aínda que aumentou lixeiramente o número de contagios, non se produciu unha expansión alarmante do virus no seu municipio.

Comentarios