viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Vilalba reforza medidas anti Covid ante unhas patronais sen eventos festivos

Elba Veleiro, na casa do Concello. C. PÉREZ
Elba Veleiro, na casa do Concello. C. PÉREZ

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, confirmou que o Concello chairego reforzará as medidas de seguridade durante as datas das patronais de San Ramón e Santa María, que non contarán con eventos festivos nin actos oficiais pola incidencia do virus Covid-19 no municipio, con 13 casos activos confirmados ata o momento.

Veleiro relatou que esta mañá se celebrou unha Xunta Local de Seguridade na que participaron responsables da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil, entre outras entidades.

Nesta reunión acordouse o reforzo da vixilancia para evitar masificacións e aglomeracións desde este venres 28 de agosto ata o vindeiro domingo 8 de setembro, datas nas que se celebraron tradicionalmente as festas patronais de Vilalba.

A medida máis inminente será a de intensificar "os controis en espazos abertos da área recreativa da Madalena", xa que "estes días celebraríase alí a tradicional Xira Campestre", indicou a alcaldesa.

Veleiro advertiu que estará totalmente prohibido "acoutar zonas de campo ou de bosque" para construír "casetos" ou outro tipo de construcións similares, polo que "haberá que esperar a outra data na que se poida facer a celebración coas máximas garantías de seguridade".

Así mesmo, desde o Goberno local disporanse na zona varios "paneis informativos", co obxectivo de que " non haxa moitos grupiños, aínda que sexan pequenos".

No relativo ao conxunto das festas, a rexedora vilalbesa pediu aos veciños que as comidas e reunións restrínxanse " familia próxima, a poder ser o círculo máis íntimo".

Con respecto aos positivos por Covid-19, Veleiro tamén confirmou que hai de momento 12 persoas supostamente relacionadas co brote detectado estes días, a falta de confirmación oficial, e outra máis que xa estaba contaxiada e confinada desde antes, que en principio non garda ningún tipo de relación coas demais.

Vilalba reforza medidas anti Covid ante unhas patronais sen eventos...
comentarios