'Tu vida en la mía', o primeiro single de Edgar Bao 

O tema foi composto por Orlando Regidor e gravado en Moaña

Edgar Bao. AEP
photo_camera Edgar Bao. AEP

Tu vida en la mía. Así se titula o primeiro single do cantante Edgar Bao, con raíces en Ribeira de Piquín. O mozo, que logrou a súa praza na semifinal da última edición de La Voz Kids, aposta pola temática amorosa neste tema que marcará un antes e un despois na súa traxectoria.

Moaña foi o escenario elixido para gravar esta canción composta por Orlando Regidor.

Tu vida en la mía está a ser moi ben recibida polos fans de Bao e é que en Youtube xa supera as 5.000 reproducións en apenas catro días que leva na plataforma e os eloxios non paran de crecer.

Comentarios