domingo. 31.05.2020 |
El tiempo
domingo. 31.05.2020
El tiempo

Os veciños saen á rúa en repulsa polo asasinato

Vilalba condena o crime cunha concentración e declara tres días de loito oficial

Vilalba mostrou este domingo cunha concentración a súa repulsa polo crime machista custou a vida a unha muller de 47 anos acoitelada polo seu exmarido, que despois se quitou a vida. Ante a casa consistorial, decenas de persoas condenaron o ocorrido cun minuto de silencio e un aplauso, nun acto —ás oito da tarde— no que interveu a alcaldesa, Elba Veleiro.

A través dunha declaración institucional, o Concello lamentou "o suceso tan triste" ocorrido na localidade, polo que se suspenderon os actos festivos previstos para a tarde deste domingo e declaráronse tres días de loito oficial.

Este luns, ás doce do mediodía, haberá outra concentración ante a casa consistorial.

Os veciños saen á rúa en repulsa polo asasinato