Un aparello de orixe descoñecida foi localizado este martes, en nbsp;&torno ás 11.00 horas, colgado dunha árbore no barrio meirego das Corbaceiras.
Os veciños, preocupados pola procedencia e o propósito do estraño obxecto, decidiron alertar á Garda Civil.
Tras unha breve investigación, os axentes aclaráronlles que o pequeno paracaídas parecía ser un dispositivo dos que se lanzan en distintas zonas para controlar o tempo. Misterio resolto.