Unha veciña de Roupar denuncia que debe camiñar 300 metros para tirar o lixo

A muller ten unha enfermidade dexenerativa que lle fai perder visión 

Zona de contenedores en O Casar. EP
photo_camera Varios colectores. AEP

Unha veciña do barrio de Abeás, na parroquia xermadesa de Roupar, denuncia que debe camiñar polo menos 300 metros desde a súa casa para poder tirar o lixo.

A muller, que ten unha enfermidade dexenerativa que lle fai perder visión, presentou unha queixa no Concello de Xermade en outubro de 2018 para esixir un colector preto da súa casa, pero, segundo ela, aínda non conseguiu unha solución.

"Desde o Concello dinnos que é difícil que acceda ata aquí o camión de recollida, pero o do propano pasa e se non, poderíase habilitar outro acceso porque hai máis camiños", di a muller, que explica que se non se pode beneficiar do servizo de recollida, polo menos, deberían deixar de cobrarlle a taxa do lixo. "Pagamos 11,54 euros cada tres meses e o lixo estou a transportalo eu no meu coche, coa peste que iso supón", explica a veciña.

Comentarios