Varios mozos das Pontes montan o grupo voluntario de limpeza Brigadas Verde

O Concello vailles a facilitar material e un uniforme de traballo ► O seu obxectivo é conseguir que se some máis xente

El grupo de voluntarios Brigadas Verde, en el Canal IV. C. ARIAS (As Pontes)
photo_camera O grupo de voluntarios Brigadas Verde, na Canal IV. C. ARIAS

Varios mozos das Pontes, de entre 13 e 15 anos, acaban de crear Brigadas Verde, un grupo de limpeza voluntario que pretende retirar o lixo dos espazos públicos e loitar por un pobo libre de plásticos, tal e como se presentan nas redes sociais, onde xa suman centos de seguidores.

"Somos todos alumnos do IES Moncho Valcarce, coñeciámonos/coñeciámosnos e a idea xurdiu pola cantidade de lixo, botellas, latas, plásticos... que nos atopabamos cada vez que quedabamos", explican estes mozos voluntarios que cursan entre 1º e 4º da Iso.

Laura Purriños, Alejandra Fernandes, Álvaro Domínguez, Abraham Heras e Uxía Piñón son os fundadores desta iniciativa que non deixa de recibir apoios. Esta semana foron recibidos no Concello, que se comprometeu a facilitarlles material de limpeza e máscaras e un uniforme de traballo, e reuníronse co BNG.

"Levamos desde abril facendo as limpezas, pero hai unha semana démonos a coñecer nas redes", din as 'brigadas', que xa repasaron zonas da Canal IV, as inmediacións da praza Irmáns Tojeiro, Perfolla ou o cemiterio vello.

Levamos desde abril facendo as limpezas, pero hai unha semana démonos a coñecer nas redes

"Quedamos cando temos tempo. Ao principio comprabamos as bolsas e as luvas cos nosos aforros pero agora parece que nos van a facilitar material desde o Concello e xa recibimos algunha doazón", din, mentres fan unha lista de obxectos que atoparon nas súas limpezas, como parte dun carriño da compra, pneumáticos de tractores –que comunicaron como incidencia ao servizo de Liña Verde do Concello–, produtos de hixiene, globos, xoguetes, asentos de coche ou bolsas con excrementos de can, entre outras cousas.

"Está ben ter seguidores e apoios, pero estaría bastante mellor ter máis mans. Gustaríanos que se sumasen máis voluntarios, tamén maiores, e ter máis material para ter unha maior seguridade", explican, mentres sinalan á falta de colectores ou papeleiras nalgunhas zonas e á necesidade de que algunhas fosen "máis grandes e con tapa". Tamén reclaman que a recollida de lixo non se centre só nas zonas urbanas ou "que ven" e chegue "a todos os recunchos".

Os seus proxenitores, que se mostran orgullosos do traballo que realizan, apóianos e algunhas nais axúdanos no seu proxecto de responsabilidade ambiental. O seguinte paso, no que xa están a traballar, é deseñar un logo que os identifique.

Comentarios