Os vándalos arrincan varios sinais nas parroquias de Román e Goiriz

Señal arrancada en Román. EP
photo_camera Sinal arrincado en Román.

Os vándalos cebáronse coa señalética das parroquias vilalbesas de Román e Goiriz, das que arrincaron todo tipo de indicadores de tráfico e de topónimos, así como outros carteis que había distribuídos en diferentes leiras da zona.

Así o denunciaron algúns veciños a través das redes sociais, onde colgaron numerosas fotografías nas que se podían comprobar os danos ocasionados durante os últimos días.

Nas imaxes colgadas nun grupo de Facebook de Vilalba na Rede queda constancia de que os sinais -varios stops, indicadores de lugares, así como carteis do Tecor Societario- foron arrincadas de raíz e tiradas sen un motivo aparente.

Para iso, os vándalos tiveron que empregarse a fondo, xa que moitos destes indicativos presentan unha gran zapata de formigón que non se levanta cun simple empuxón.

Desde o Concello criticaron duramente estes actos e cualificaron aos autores como uns "irresponsables". "Haberá que revisar e repoñer as sinais. É moi triste que a xente faga mal en cousas que non son deles", lamentáronse.