martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Un Nadal de conto no Cancelo

José, Dani e María José, no xardín decorado. C.PÉREZ
José, Dani e María José, no xardín decorado. C.PÉREZ
María José González e a súa familia converten a súa casa da parroquia guitiricense dos Vilares nun auténtico paraíso navideño

Un Papá Noel e un boneco de neve xigantes presiden un xardín que cobra vida ás noites con incontables luces de cores. Son só dous dos múltiples adornos, incluído un gran belén con máis dun cento de figuras, que atraen a quen pase pola estrada do Cancelo, nos Vilares. E son moitos os que non resisten a tentación de facer a foto.

A artífice desta explosión navideña é María José González, unha namorada da decoración do Nadal que nestas datas transforma a súa casa nun paraíso navideño coa axuda dos fillos, Alberto e Dani, e da súa parella, José Paz.

«É a miña paixón dende pequeniña », explica María José, que non limita a decoración ao exterior, pois ata o 7 de xaneiro, dende as cortinas ata os edredóns se centran na temática navideña.

E cada ano hai novidades. «Toda a familia coñece a miña afección e espera a ver con que sorprendo», di quen xa lle ten botado o ollo a un novo adorno soñado: «Un oso polar cun Papa Noel encima que me encanta». Será para o ano?

Un Nadal de conto no Cancelo
Comentarios