Arde parte dunha vivenda deshabitada en Vilalba

O lume crese que se iniciou nun alpendre anexo e estendeuse á cuberta da casa. Parte do teito do inmoble caeu

 

Un incendio danou este sábado parte dunha casa deshabitada na parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba. Nun principio crese que o lume se puido iniciar nun alpendre anexo á vivenda, no que hai unha lareira, e deste este saltou á cuberta da construción principal, cuxa estrutura é de madeira.

Traballos de extinción na vivenda. BOMBEIROS DE VILALBAA central de urxencias do 112 recibiu o aviso pasadas as tres da tarde e mobilizou os bombeiros do parque comarcal de Vilalba, que traballaron durante tres horas nos labores de extinción. O seu labor centrouse en controlar o lume para que non afectase a todo o inmoble, pero non puideron evitar que os danos sufridos acabasen por provocar a caída dunha parte da cuberta, o que afectou ao primeiro piso, que tamén se afundiu ata o baixo.

Aínda que a casa non está habitada, os seus donos acoden ao lugar con frecuencia, tal e como fixeron este venres. Ata o lugar do suceso, xa cerca do límite co municipio de Ababín, tamén se desprazaron o servizo municipal de intervención rápida e axentes da Policía Local de Vilalba e da Garda Civil.

Comentarios