Os traballadores de Einsa iniciarán unha nova negociación do Ere coa empresa e a autoridade laboral

Manteñen a folga á espera da reunión deste martes en Ferrol
Manifestación de trabajadores de Einsa en Ferrol. EP
photo_camera Manifestación de traballadores de Einsa en Ferrol. EP

Tras rexeitar o Ere, os traballadores de Einsa Print iniciarán unha nova negociación coa empresa e a autoridade laboral. 

A primeira reunión está prevista para este martes en Ferrol. Nela estará presente o comité de empresa de Einsa, a dirección da empresa e Elena Mancha pola autoridade laboral. 

Os traballadores acordaron este luns en asemblea manter a folga iniciada na fábrica das Pontes ata o martes e convocarán outra asemblea logo da reunión para decidir se a manteñen ou non. Ademais, desprazaranse a Ferrol para organizar unha concentración mentres se desenvolve a reunión. 

Comentarios