sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Tomé destaca en Africor que a Granxa Experimental de Leite está ao servizo dos gandeiros

Tomé participou de forma telemática na inauguración de Africor. DEPUTACIÓN DE LUGO
Tomé participou de forma telemática na inauguración de Africor. DEPUTACIÓN DE LUGO
O presidente da Deputación de Lugo anunciou xornadas de portas abertas e visitas ao centro en canto o permita a situación sanitaria

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na apertura das xornadas técnicas de Africor, onde trasladou que a Granxa Experimental de Leite que a institución provincial ten en Castro de Ribeiras de Lea está ao servizo e disposición dos gandeiros. 

Tomé Roca anunciou unhas xornadas de portas abertas e de visitas ao centro en canto o permita a situación sanitaria provocada pola covid-19, para que os profesionais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve nas instalacións. 

Así mesmo, destacou que a granxa experimental cobre unha parte importante das prácticas do alumnado da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo, ao mesmo tempo que analiza todo os parámetros e os problemas das explotacións para ofrecer solucións e pautas de mellora. 

"O obxectivo é mellorar as explotacións gandeiras, aumentar o valor do produto, favorecer o benestar animal, reducir os custos de produción e, por tanto, facer máis competitivas e sustentables as explotacións", resolveu.

Tomé destaca en Africor que a Granxa Experimental de Leite está ao...
comentarios