O concerto de Fuel Fandango programado para este sábado nas Pontes foi suspendido por motivos de saúde dun dos integrantes do grupo. Comunicouno este sábado o Concello, que, tamén no nome do grupo, pediu "desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar ás persoas que adquiriran as entradas" para a actuación, prevista para as oito da tarde no Auditorio Municipal Cinema Alovi. Ademais, desexou unha pronta recuperación ao integrante de Fuel Fandango.
A organización e o grupo acordaron fixar unha nova data para o concerto e amosaron a súa confianza en que "nun futuro, non moi afastado, poidamos gozar da súa música nas Pontes.
O Concello garante a devolución do importe da entrada ou manter a reserva da mesma para a nova data. En próximos días ofrecerá máis información sobre cómo facelo.