Surexport cultiva fresas, frambuesas e amoras en 28 hectáreas do Arneiro

A firma andaluza, que destina máis de 1,5 millóns ao proxecto, alugou dúas leiras lindantes ► A súa idea é producir exclusivamente arándano en Pacios e trasladar o resto a Cospeito

Montaje de los invernaderos de O Arneiro, con el sistema hidropónico. C. PÉREZ (Surexport, fresas)
photo_camera Montaxe dos invernadoiros do Arneiro, co sistema hidropónico. C. PÉREZ

A empresa Surexport Compañía Agraria SL atópase inmersa en pleno proceso de implantación no Arneiro (Cospeito), onde alugou por 15 anos dúas leiras lindeiras que superan as 28 hectáreas de terreo e en cuxa posta a punto investiu máis de 1,5 millóns.

Nelas a firma prevé concentrar o cultivo de fresas, frambuesas e amoras, dadas as características do chan, cuxa alta humidade non o fai adecuado para o arándano. Así, a idea é dedicar en exclusiva as 70 hectáreas de Pacios (Begonte) a esa produción, retomando o proxecto da empresa cando se implantou na comarca chairega en 2013.

As parcelas elixidas adáptanse ás necesidades de Surexport, ao ter condicións básicas, como as súas amplas dimensións ou contar cun sistema de regadío, ademais de ofrecer posibilidades para seguir crecendo, tal e como explica o responsable en Galicia da firma, José Ángel Roca.

En xaneiro cumpriuse un ano da súa chegada a estes antigos terreos dos colonos e, aínda que xa recolleron unha pequena cultiva a tempada pasada, foi nestes últimos meses nos que se intensificou o traballo de preparación das instalacións. Nestas apóstase por estruturas con máis ventilación para conservar mellor a froita, que se cultiva co sistema hidropónico.

A compañía dispón dunha nave de 2.000 metros cadrados no polígono de Castro desde a que distribúe a produción

Este modelo facilita a recollida, ao estar afastado do chan e posibilitar o traballar de pé, ademais de controlar a subministración de substratos ás plantas. Tamén permite cultivar máis por hectárea, aínda que o seu rendemento sería un pouco menor que estando en contacto polo chan, polo que á hora de producir apenas hai diferenza.

Do total da superficie, máis da metade céntrase no cultivo de frambuesa, mentres que para a de fresas reserváronse unhas seis hectáreas, do mesmo xeito que para a de mouras. Se o tempo mantense como ata agora, calculan que en maio empezarán a ter froita e a súa recollida prolongarase ata decembro.

A estimación inicial é que poderán colleitar ao redor de 45.000 quilos de fresa por hectárea, uns 18.000 de frambuesa e un pouco máis de moura, ao redor de 18.500 quilos por hectárea.

Agora hai preto de medio centenar de persoas traballando, pero a previsión é que cando estean na época de máis actividade supérense os 300 postos de traballo entre Pacios, O Arneiro e o almacén de Castro.

E é que para facilitar a súa distribución, Surexport tamén alugou o ano pasado unha nave de 2.000 metros cadrados no polígono de Castro de Ribeiras de Lea, elixido pola súa boa localización con respecto ás zonas de cultivo.

O mercado actual para a súa produción é eminentente nacional, ao ter a Gadisa, Lidl Galicia ou Mercadona -a súa base zonal está en León- entre os seus clientes, aínda que Surexport tamén quere incrementar a exportación, partindo de que xa ten presenza en varios países europeos.

Aloxamento
Un total de 286 prazas entre Castro e Guitiriz


O responsable de produción de Surexport en Galicia, José Ángel Roca, asegura que están moi interesados en contratar man de obra local, aínda que polo momento a maior parte do seu persoal son temporeiros —a maioría son de nacionalidade romanesa, pero tamén contan con marroquís ou españois—, moitos dos cales compaxinan o traballo en Galicia coas campañas no sur de España. É por iso que é a propia firma intenta facilitarlles o aloxamento a través do aluguer de edificios sen uso, ademais do transporte ao lugar de traballo. "Agora teño prazas para 286 persoas e estou preocupado", di Roca, xa que na época de máis carga de traballo superan os 300 operarios e non resulta fácil atopar alugueres.

Hoteis e edificios
Aínda que nos inicios da súa actividade en Begonte usaron casas, finalmente optaron por aproveitar os inmobles de antigos negocios de restauración, polas instalacións e a ampla superficie dispoñible. Así, en Guitiriz levan varias tempadas aloxando aos traballadores no antigo Tres Pontes da Ponte Veiga, e no edificio do bar Almacén, no Curro Vello. Ao instalarse no Arneiro e Castro, tamén buscaron aloxamentos nesta zona. Así dispoñen xa do local do antigo restaurante Tojo, no polígono de Castro de Ribeiras de Lea, "e tamén estamos a preparar un edificio enteiro na mesma localidade", precisa Roca.

Comentarios