Superan as 1.400 firmas para esixir nas Pontes máis policías locais

Piden que se recuperen "cinco prazas" que caducaron en 2018. O Concello, que xa avanzou que reforzará o servizo con tres axentes e catro auxiliares, asegura que a localidade "ten a taxa de delincuencia máis baixa da provincia"
Entrega de firmas en el registro municipal de As Pontes. M.MANCEBO
photo_camera Entrega de firmas en el registro municipal de As Pontes. M.MANCEBO

O rexistro municipal do Concello das Pontes recibiu o mércores un documento asinado por 1.433 veciños da localidade no que solicitan ao alcalde, "ante a inseguridade percibida nos últimos tempos", explican, que dote de orzamento "e que volva incluír na RPT as cinco prazas dá Policía municipal caducadas na oferta pública de emprego de 2018".

Esta iniciativa partiu de xeito individual por unha veciña, Encarna Castro, que por mor de ter un problema persoal no que requiriu da presenza da Policía, e non a tivo, decidiu iniciar a recollida de firmas.

Os papeis estiveron dispoñibles durante unhas dúas semanas nunha trintena de negocios das Pontes, e onte produciuse a súa entrada no rexistro municipal, un momento no que a muller estivo arroupada por unha decena de veciños máis, que do mesmo xeito que ela, consideran que fai falta "investir máis en seguridade".

"Está moi ben que se fagan cousas, pero para min a seguridade cidadá tería que ser unha cuestión primordial para os que nos gobernan", defende Encarna Castro, que asegura que o feito de que non haxa policía local as 24 horas do día está a repercutir en que se están rexistrando "máis roubos e máis asaltos", non só en casas, senón tamén en negocios.

RESPOSTA. Desde o Concello aseguran que actualmente hai nove policías, que fan tres quendas, e que o servizo se reforzará con outros tres axentes e catro auxiliares máis ao longo deste ano. "Fan noites e fins de semana e cando non hai quenda está a Garda Civil, nunca queda descuberto", engaden.

Así mesmo, recordan que As Pontes "conta coa taxa de delincuencia máis baixa de toda a provincia" e que é tamén o municipio que dispón dunha das persoais máis amplos.

Comentarios