Subtraen 500 euros a un veciño das Pontes que achegou datos nun correo electrónico fraudulento

O correo simulaba ser dunha entidade bancaria
Agentes de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un coche da Garda Civil. ARQUIVO

A Garda Civil de Ferrol, en colaboración con axentes de Illescas, en Toledo, identificaron a unha persoa como presunta autora dun delito de estafa, ao subtraer 500 euros a un veciño das Pontes tras pedirlle os datos do seu cuentacon un correo electrónico que simulaba ser dunha entidade bancaria. 

Segundo informou a Garda Civil, foi o veciño o que acudiu a comisaría para denunciar que un descoñecido realizara unha transferencia desde a súa conta por valor de 500 euros e sen a súa autorización. 

No transcurso da investigación, os axentes descubriron que a vítima recibira un correo electrónico que simulaba ser dunha entidade bancaria e no que lle pedían unha actualización dos seus datos persoais e o seu contrasinal de acceso á aplicación web. 

Tras obter estes datos, o presunto estafador, que os axentes identificaron como un veciño de Illescas, creou unha conta nunha coñecida plataforma de traspaso de diñeiro a través de terminais de telefonía móbil e efectuou a transferencia. 

Comentarios