Unha administración de lotería de Guitiriz reparte 450.000 euros con 15 décimos

Cada un vale agora 30.000 euros, correspondentes ao primeiro premio
El propietario de la administración El Milenio de Oro de Guitiriz. EP
photo_camera Establecemento de Guitiriz no que se venderon os décimos premiados. GOOGLEMAPS

O sorteo da Lotería Nacional celebrado este xoves sorriu a Guitiriz con 450.000 euros en premios. Son os que se repartirán quen ten algún décimo do número 72.891, agraciado co primeiro premio. 

Vendéronse na administración de lotería situada na Avenida da Coruña, no número 16, de onde saíron 15 décimos, premiados cada un con 30.000 euros. Atendendo á información facilitada polo establecemento, chegaron a estar á venda dúas series, pero cinco décimos foron devoltos.

Os responsables da administración cren que o premio está moi repartido porque se vendeu en ventanilla, e probablemente a persoas de Guitiriz ou da zona, o que para eles representa unha alegría engadida. Os propietarios do negocio, Pablo Vilasuso e Carla Fernández, celebran a o resultado do sorteo cando levan pouco máis dun ano á fronte da administración.

O primeiro premio deste xoves da Lotería Nacional tamén deixou agraciados en Comillas (Cantabria) e Leganés (Madrid).

Comentarios