Sobresalto nas Pontes por un incendio na térmica que non deixa danos

Central térmica de Endesa, en As Pontes. (Foto: C. Arias/AEP)
photo_camera Central térmica de Endesa, nas Pontes. (Foto: C. Arias/AEP)


Ás catro da madrugada deste mércores declarábase un incendio na central térmica das Pontes. O propio persoal da instalación de Endesa daba a alerta ao 112 indicando que estaba a arder maquinaria no parque de carbón.

De inmediato foron movilizadoslos os Bombeiros do Eume, axentes da Garda Civil e da Policía Local, que se desprazaron ata o lugar. Ademais, solicitouse a colaboración de Protección Civil, do persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e de Augas de Galicia. Do mesmo xeito, comunicouse a situación ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por foise preciso a súa intervención.

Finalmente, segundo o relato dos Bombeiros que colaboraron co persoal da mesma fábrica na extinción do incendio, comunicaban que o incendio quedaba controlado ás 05:45 horas e que non supuña ningún perigo. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais nin ambientais, segundo indica Emerxencias.

Comentarios