Unha aprendizaxe sen fronteiras

"Só teño boas palabras para o vivido nos últimos meses"

Alberto López, de Vilalba, acolleuse ao programa Erasmus+ que ofrece o IES Lois Peña Novo para traballar durante tres meses en Cardiff

Coas mesmas aulas como punto de partida e a mesa cidade como destino. Alberto López, igual que Pedro Redondo, estudou o ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede no IES Lois Peña Novo de Vilalba, coa diferenza de que este vilalbés o fixo uns anos antes ca o vivairense.

Alberto López. EPUn día de neve en Cardiff, o 1 de abril, chegaba á cidade que o acollería durante tres meses. O contraste non podía ser maior, ao vir dunha semana "especialmente calurosa en Galicia", lembra Alberto, quen mediante o programa Erasmus+ desenvolveu o seu traballo no Cardiff and Vale College. Alí resolvía calquera incidencia informática dos profesores do centro, cun equipo galés que fixo que a inmersión lingüística fora "completa", aínda que "non perdían a oportunidade de buscar frases en Google Translate para decirmas despois". 

Alberto desenvolveu o seu traballo no Cardiff and Vale College, onde resolvía incidencias informáticas dos profesores do centro

Para deixar "un pouco de lado o inglés", Alberto comenta que quen o axudaron dúas mozas de Mallorca que traballaban noutro departamento do Cardiff and Vale College, pero agradécelle a todo o persoal do instituto "o trato" nunha experiencia que lle axudou a valorar a "ensinanza e sanidade públicas" de aquí, pero tamén a cuestionar as carencias.

Convivencia internacional
Durante a estadía en Cardiff residiu nunha casa de aluguer de habitacións, onde coñeceu xente de "Namibia, Moldavia, Rusia ou Francia", que "enriqueceron" a súa experiencia. Dous anos despois de solicitar o Erasmus no instituto, "tiña moitas ganas de facelo, logo de tanto tempo", conclúe.

 

Comentarios