martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

O Sergas illa e fai PCR a 110 temporeros que viven en Guitiriz

Edificio no que se illaron os jornaleros en Castro. SILVIA IGREXA
Edificio no que se illaron os jornaleros en Castro. SILVIA IGREXA
Está previsto que entre este xoves e o venres se realicen probas aos que viven nos outros dous edificios de Castro

O Sergas trasladou este mércores un equipo a Guitiriz para facer probas PCR a outros 110 temporeiros da empresa Surexport que residen no municipio. 

A razón pola cal se decidiu continuar o cribado entre traballadores da firma por ese grupo de xornaleiros, e non polos que residen noutros dous edificios de Castro alleos a aquel onde se iniciou o brote, é porque os de Guitiriz traballan a diario no mesmo invernadoiro que a cuadrilla onde se detectou o primeiro positivo. Non se consideran contactos estreitos —como aqueles que viven e viaxan no bus ao traballo con el— pero si se estima que é o grupo de máis probable contaxio. 

Os resultados daranse a coñecer este xoves, polo que, polo momento, o brote de Castro segue tendo só os seis positivos detectados o pasado martes.

A pesar de que nun primeiro momento as probas realizáronse aos contactos máis directos, o Sergas xa fixera pública a súa intención de facilitar o test a todos os traballadores da empresa, que nos picos de máis traballo este verán superou os 500 xornaleiros. Na actualidade, a cifra supera os 200 en total —contando os aloxados en Castro, Guitiriz e outros concellos da zona—, segundo a propia xerencia.

A alcaldesa de Guitiriz, a socialista Marisol Morandeira, criticou este mércores á Xunta de Galicia e ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) pola "mala xestión" do brote de coronavirus e lamentou que soubese por canles non oficiais que se ían a facer probas aos xornaleiros que viven no seu municipio. "Estou asombrada", dixo, e destacou que mentres tanto o alcalde de Castro de Rei, o popular Francisco Balado, "estaba informado de todo o que ocorría". 

Explicou que os temporeiros viven na localidade guitiricense de Pígara e no propio centro urbano de Guitiriz. Asegurou que algúns deles residen temporalmente "en pisos de particulares". 

Está previsto que entre este xoves e o venres se fagan tamén PCR aos que viven nos outros dous edificios de Castro.

O Sergas illa e fai PCR a 110 temporeros que viven en Guitiriz
comentarios