Unha tixola esquecida ao lume provoca un incendio nun piso das Pontes

O lume non causou ningún ferido e apenas danos materiais
Incendio As Pontes. C. ARIAS
photo_camera Incendio As Pontes. C. ARIAS

Unha tixola esquecida ao lume motivou a activación dos equipos de urxencia sobre as 13.15 horas nas Pontes, nun inmoble situado na Avenida de Ortigueira, que estivo cortada ao tráfico durante a intervención. Ao lugar desprazáronse os Bombeiros do Eume que, tras sufocar as chamas dedicáronse a ventilar a vivenda afectada.

O lume non xerou nin feridos nin apenas danos materiais. Efectivos da Policía Local das Pontes e membros de Protección Civil tamén acudiron ao lugar.