Sanidade alivia as restricións na Pastoriza e Meira

A primeira localidade baixa a nivel medio xunto a Chantada 
El conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña. EFE
photo_camera O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña. EFE

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19, acordou aliviar as restricións na Pastoriza, que pasa de nivel alto a medio, chanzo no que se atopa Chantada. Ademais, decidiu que Meira baixe do nivel medio ao baixo. 

Con estes cambios, a situación queda da seguinte forma. 

No máximo nivel quedan os municipios de Cambados, Laza e Padrón.

No chanzo alto atópanse os concellos de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.

As medidas de nivel medio serán de obrigado cumprimento en Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas as medidas entrarán en vigor as as 00.00 horas do próximo venres 14 de maio.

 

RESTRICIÓNS
NIVEL MÁXIMO: Toque de queda ás 23.00 horas, peche perimetral e hostalería pechada, salvo para recollida ou envíos a domicilio.
NIVEL ALTO: Non hai toque de queda, liberdade de movementos e a hostalería só está aberta en terrazas ao 50%. 
NIVEL MEDIO: Non hai toque de queda, liberdade de movementos e hostalería aberta en terrazas ao 50% e en interiores ao 30%. 
NIVEL MEDIO-BAIXO: Os bares poden abrir ata as 23.00 horas e os restaurantes ata a 1.00. Ao 50% en interior e 75% en terrazas

Comentarios