martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

A saída de vía dun vehículo sáldase cun home ferido en Vilalba

Accidente en Vilalba. EP
Accidente en Vilalba. EP
O accidente produciuse na LU-541

A saída de vía dun vehículo rexistrada na mañá deste xoves na estrada LU-541 ao seu paso polo termo municipal de Vilalba saldouse cun home ferido

Así o informaron fontes do 112 Galicia, que indicaron que un particular avisou ás 8.39 horas deste xoves da saída da calzada pola marxe dereita dun vehículo á altura do quilómetro 15,5 da LU-541, que une Rábade e a capital chairega. Tras iso, por parte do 112 avisouse a Urxencias Sanitarias de Galica-061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba, Protección Civil da localidade e o servizo de mantemento da vía. 

As mesmas fontes puntualizaron que a persoa que alertou deste sinistro sinalou que o ferido non estaba atrapado e atopábase accesible. 

A saída de vía dun vehículo sáldase cun home ferido en Vilalba