Sabela ten morriña. A concursante pontesa de Operación Triunfo 2018, que saíu elixida favorita a semana pasada, bota de menos falar no seu idioma materno.
A moza compartía cos seus compañeiros Mikel e Alba as súas impresións sobre as zapatillas novas que lle mercara súa nai. De feito, dirixouse a ela para mostrarlle o seu agradecemento, primeiro en castelán e logo en galego: "Qué raro hablarle a mi madre en castellano. Mamá, encántanme estas zapatillas que me compraches".
Sabela echa de menos hablar gallego 💛#OTDirecto20NOV pic.twitter.com/HDtOnd2yt1
— Robin de Pozuelo (@miraraspersores) 20 de novembro de 2018
"Teño moitas ganas de falar galego. Levo dous meses sen falar galego e xa me sinto rara", confesaba a moza, escasos días despois do divertido momento con Los Javis sobre o significado de A Sementeira.
E é que Sabela sinte en galego, así o demostra a canción que está compoñendo dentro da Academia.
ACTUALIDADE. Os incendios que arrasaron Galicia o ano pasado no mes de outubro, o ocorrido no Marisquiño ou o Prestige son algúns dos temas relativos á comunidade que a artista ten falado cos seus compañeiros de concurso.