domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Roupar lembra a Desirée entre globos no día do seu oitavo aniversario

Gardáronse dous minutos de silencio ás portas do cemiterio parroquial nunha última homenaxe á pequena

O cemiterio de Roupar, en Xermade, acolleu na tarde deste luns un acto en recordo da nena Desirée Leal Sandamil, a menor que apareceu morta na súa casa de Muimenta o pasado 3 de maio, presuntamente a mans da súa nai, a única investigada.

O acto, promovido pola entidade Alexia Ensínanos e unhas amigas do pai, contou coa presenza de varios nenos, amigos de Desirée e a familia máis próxima. Ao redor dun centenar de persoas acudiron ás portas do cemiterio parroquial, onde está enterrada a pequena.

Nun emotivo ambiente unha das organizadoras abría o evento referíndose a Desirée: "Para que lembres que sempre estarás entre nós. Grazas por formar parte dás nosas vidas. Felicidades", explicaba antes de ceder a palabra ao pai da nena.

Éste deu as grazas polas mostras de apoio recibidas polos veciños e outras persoas de Galicia "e España". Visiblemente emocionado, explicou que escollera a camiseta que levaba posta porque a elixiu a súa filla nun día que pasaran xuntos e deu grazas á asociación Alexia Ensínanos por promover a "empatía e solidariedade para que ningún pai ou nai volva pasar por algo parecido", dixo visiblemente afectado.

Posteriormente gardáronse dous minutos de silencio en memoria da súa Desirée. Un polo que se debeu gardar no seu día e que "non se fixo" e outro con motivo a efeméride.

Finalmente, deu as grazas aos "medios de comunicación" polo interese mostrado e terminou: "Feliz cumpleanos, o meu princesita. Alá onde esteas quero crer que será un mundo moito mellor".

Durante a homenaxe, emitiuse un vídeo en recordo da nena.

O acto culminou entre aplausos cunha a solta de globos por parte dos asistentes.

O xulgado pospón as declaracións a setembro
Desirée. CEDIDAA investigación sobre a morte de Desirée Leal -na imaxe, unha foto cedida polo seu pai da celebración dos seus últimos aniversarios, o dos sete anos- segue avanzando, aínda que non transcenderon apenas novidades sobre a causa. A pesar de levantarse o segredo sobre o sumario, as actuacións continúan sendo secretas e os avogados, tanto da acusación como da defensa, decidiron non facer declaracións polo momento.

O xulgado de instrución número 1 de Vilalba, responsable de toda a investigación, pospuxo a toma de declaracións a setembro, a pesar de que a previsión era inicialas a finais deste mes e continualas despois de agosto. Aínda están á espera dos resultados de probas definitivas e concluíntes.

Mentres, a única acusada e investigada pola morte da pequena, a súa proxenitora, Ana Sandamil, continúa máis de dous meses despois ingresada no módulo de custodia de presos do Hula, tras ser trasladada desde Psiquiatría, onde ingresou de forma non voluntaria o día do tráxico suceso que conmocionou á comarca chairega. A pesar de que a nena facía vida en Muimenta, onde residía coa súa nai e coa súa avoa, visitaba a miúdo a parroquia xermadesa de Roupar, onde vive a súa familia paterna.
A nai, acusada dun presunto delito de asasinato ou homicidio, será trasladada a un centro penal, tal e como ordenou a xuíza de Vilalba, cando reciba a alta médica. E aínda que transcendeu que non tiña diagnosticada unha enfermidade mental previa, segue en seguimento e o seu diagnóstico non é definitivo. Os seus achegados sinalan que sufría unha forte depresión.

Na causa tamén está personada a fundación Amigos de Galicia como acusación popular. A entidade loita polos dereitos da infancia e para esixir o cumprimento das penas.

Roupar lembra a Desirée entre globos no día do seu oitavo aniversario