martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

Rouban diñeiro nun centro veterinario de Castro tras forzar a porta

A clínica que sufriu o roubo. JOSÉ ÁNGEL
A clínica que sufriu o roubo. JOSÉ ÁNGEL
Asaltaron a máquina rexistradora e apropiáronse tamén do contido dun bote correspondente á recadación da lotería

Unha céntrica clínica veterinaria de Castro de Ribeiras de Lea sufriu a visita dos amigos do alleo na madrugada do mércores ao xoves. O ladrón ou ladróns accederon ao interior do local entre as tres e media e as catro da mañá, tras forzar a fechadura da porta, e levaron diñeiro en metálico.

Concretamente, asaltaron a máquina rexistradora do negocio e apropiáronse tamén do contido dun bote correspondente á recadación da lotería. Ademais, revolveron todo o interior do local, sen que os seus responsables botasen nada máis en falta.

Os titulares do centro veterinario presentaron a pertinente denuncia ante a Garda Civil, que abriu unha investigación. Na mesma noite tamén sufriría outro roubo un negocio próximo, ao que accederon por unha fiestra.

Rouban diñeiro nun centro veterinario de Castro tras forzar a porta
comentarios