Rouban un cortacéspede e causan diversas desfeitas na igrexa de Dumpín

Intentaron forzar, sen éxito, a porta lateral do templo
Una puerta dañada. AEP
photo_camera Danos na porta lateral. J. Á. DÍAZ

Os amigos do alleo visitaron na noite do mércores ao xoves a igrexa de Santalla de Dumpín, no que é polo menos o cuarto roubo neste lugar nos últimos anos. Nesta ocasión, tras os seus intentos frustrados de acceder ao templo, optaron por forzar a porta dun galpón próximo e roubar un cortacéspede.

Uns veciños da zona decatáronse de que ocorrera algo na igrexa e deron o aviso. Tras unha revisión do lugar, comprobouse que o ladrón ou ladróns romperan unha pequena fiestra e tamén intentaron forzar, sen éxito, a porta lateral.

Si conseguiron, con todo, acceder a un pequeno almacén localizado no atrio cuberto. Neste gardábase un cortacéspede, que a parroquia comprou hai uns seis meses para realizar labores de mantemento na contorna da igrexa. Estaba valorado en 300 euros, ao que habería que sumar o custo da reparación dos danos.

Este novo roubo, que se suma aos anteriores, nas que o obxectivo foi o diñeiro dos cepillos, xa se puxo en coñecemento da Garda Civil, ante a que se presentou unha denuncia.

Comentarios