Ribeira de Piquín despide á súa avoa, Pilar Fernández, de 104 anos

Pilar era un dos poucos veciños que quedaba na Ponte de San Xurxo
photo_camera Pilar Fernández Portela. EP

Ela mesma presumía de ser a avoa de Ribeira de Piquín. Apoiada no seu andador, seguía activa e coa mente áxil. Din os que a coñecían ben que recordaba tanto o que pasara hai catro anos como o de hai 40. "Era historia viva", din dunha muller que cedeu os terreos onde hoxe se emplaza o consistorio de Ribeira de Piquín, un dos concellos máis novos da provincia de Lugo.

Pilar Fernández Portela, viúva de Avelino Otero Gómez, tiña 104 anos de idade e era dos poucos veciños que quedaban na Ponte de San Xurxo, un deses paraísos escondidos de Ribeira de Piquín rodeados de verde.

Persoa amable, recibía sempre a tódolos visitantes con cariño e "daba todo o que tiña sen pedir nada". Humilde e agarimosa, viviu toda a súa vida no lugar da Ponte de San Xurxo e traballou no campo. Moito.

Pilar tiña tres fillos, Amor, Lita e Avelino, cinco netos (Manoli, Estefanía, Alejandro, Iván e Lara) e seis bisnetos (Fernando, Miguel Carlos, Sergio Zacarías, Inés, Julia e Carmen). E este domingo estará acompañada por todos para ser despedida na súa igrexa parroquial de San Xurxo. O funeral está previsto para as 17.30 horas e a continuación depositaranse as cinzas no panteón familiar. C.A.

AGRADECEMENTO. A familia da finada María Amparo Fernández Abelleira (q.e.p.d.), ante a imposibilidade material de contestar ás numerosas testemuñas de pésame, agradece por este medio a asistencia aos actos de funeral e enterro celebrados o pasado venres, día 27, en Santo Estevo de Loentia (Castro de Rei), e as mostras de condolencia recibidas.

Comentarios