Ribeira de Piquín captura máis de 6.000 velutinas co seu trampeo de primavera

Velutinas capturadas. EP
photo_camera Velutinas capturadas. EP

O Concello de Ribeira de Piquín leva capturadas máis de 6.000 vespas velutinas na súa primeira campaña de trampeo, a través da que o persoal municipal colocou máis de 150 dispositivos de elaboración propia por todo o territorio do concello.

A instalación das trampas iniciábase en marzo e hai uns días cambiábase o líquido por última vez, antes comezar a retiralas a vindeira semana, coa idea de colocalas de novo no outono.

Dende o Concello agradecen a colaboración veciñal co trampeo nas súas propiedades para axudar a controlar a expansión desta especie invasora, coa que esperan que non haxa incidencias no verán. Tamén piden a quen atope un niño que chame ao 982.33.36.01.