Rexistrado un tremor de magnitude 2,1 en Ribeira de Piquín

As localidades ourensás de Barbadás e O Carballiño rexistraron, o sábado e domingo, dous pequenos sismos
En amarillo, epicentro del terremoto en Ribeira de Piquín. IGN
photo_camera En amarillo, epicentro del terremoto en Ribeira de Piquín. IGN

O municipio lucense de Ribeira de Piquín sufriu un tremor ás 06.05 horas deste luns de magnitude 2,1, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Desta forma, durante o fin de semana, as localidades ourensás de Barbadás e O Carballiño rexistraron, o sábado e domingo, dous pequenos tremores.

Segundo o IGN, o máis importante tivo lugar ás 13,35 horas do sábado no Carballiño de magnitude 1,8 con epicentro a uns 11 quilómetros de profundidade.

Así, ao día seguinte, o domingo 20 ás 17,28 horas rexistrábase en Barbadás un pequeno tremor de magnitude 1,7.

comentarios