Retiran un corzo morto do lago das Pontes

O animal estaba na auga a uns metros da beira

Un ciervo, recogido en el lago de As Pontes. EP
photo_camera Un cervo, recollido no lago das Pontes. EP

A policía local das Pontes recibiu un aviso este xoves pola tarde porque había un corzo pequeno morto na praia do lago.

Estaba na auga a uns metros da beira, levárono ata a area e unha pa do Concello retirouno.

Cren que puido caer á auga e que afogou. Creouse un pouco de expectación entre os bañistas e usuarios do lago pero todo sucedeu sen incidencias.

Comentarios