Réquiem por Jesús Gayoso

Réquiem por Jesús Gayoso. EFE
photo_camera Réquiem por Jesús Gayoso. EFE

A solemnidade e a emoción presidiron sábado o funeral oficial polo tenente coronel de Grupos de Acción Rápida(GAR) da Garda Civil, Jesús Gayoso, falecido pola Covid-19 a finales de marzo. Aínda que criado fóra, tiña as súas raíces no concello chairego de Begonte, de onde eran tanto o seu pai como a súa nai. O proxenitor tamén foi Garda Civil e estivo destinado, entre outros lugares, na provincia da Coruña.

A cerimonia relixiosa en recordo de Jesús Gayoso tivo lugar sábado na parroquia da nosa Señora de Valvanera, no centro de Logroño, respectando o aforamento permitido no templo, unhas 450 persoas, todas con máscara e separadas, e decenas máis na rúa.

Gayoso, de 48 anos e con orixes familiares en Begonte, foi unha das primeiras vítimas de coronavirus nas forzas de seguridade. O pasado venres, o rei Felipe VIN e Dona Letizia mantiveron un breve encontro coa viúva e os fillos do tenente coronel para expresarlles o seu pésame.

Durante a cerimonia, o sacerdote oficiante subliñou a "boa herdanza" que deixa Gayoso "na súa familia" que son "a que el formou en por si", a súa muller e os seus dous fillos, e os GAR.

Ao finalizar a cerimonia poucos dos asistentes puideron conter as bágoas, xa que primeiro interveu un dos seus fillos, que recordou a figura do seu pai e lamentou que, aínda que arriscou a vida en numerosas ocasións, foi un pequeno virus o que lla arrebatou.

Comentarios