1-1. Repartición de puntos nun duelo onde só se xogaban a posición

O CD As Pontes cultivou un novo empate nun partido ante o pechacancelas do grupo no que dispuxo de ocasións claras para facerse coa vitoria
David, en un lance del partido. X.FERREIRO
photo_camera David, nun lance do partido. X.FERREIRO

Repartición de puntos no duelo por evitar os últimos postos no encontro disputado na tarde asollada deste domingo no Campo do Poboado.

A pesar dunha dobre ocasión de David García, e logo Quique, ante Toni, en torno ao minuto 20 da primeira metade, foron os visitantes os que se adiantaron xusto despois no marcador cun disparo de Javi que Brais non acerta a despexar a córner.

E pouco despois aínda disporía doutra dobre ocasión Somoza, a segunda co porteiro no chan, a medio palmo, pero que sorprendentemente acaba enviándoa fose. Cunha tripla aproximación local de David, Mitogo e Pajaro acabou a primeira metade.

Xa na segunda non acertou Mitogo. Só ante Toni e a botepronto, tiroulle o balón ás mans. O empate local chegou tras un roubo de balón e un centro de banda de Adrián que Paxaro converteu en gol cun forte disparo desde o bordo da área. Na xogada posterior incluso Pardo dispara preto da escuadra nunha contra.

O partido acabou en táboas, e non por falta de ocasións nos últimos minutos. Un trallazo de Jandro marchouse lambendo o traveseiro e un centro chute desde banda esquerda dos do Porriño tamén pegou nel. Máis clara foi a dos locais. Tras un centro de Artai, Pardo remata en boca de gol e estrela o balón no pau e o traveseiro, marcando o rexeite Do Río, pero xa en fóra de xogo.

O As Pontes, ao que lle resta por visitar ao Atios e recibir á UD Ourense, suma 23 puntos e o Pontellas pecha con 19.

FICHA TÉCNICA
As Pontes: Brais, Berto, Paxaro (Artai, m. 73), Mitogo (Do Río, m. 73), Quique (Pardo, m. 46), David, Fraga, Vilela (Óscar, m. 46), Moya, Adrián, Iñaki
Pontellas: Toni, Pablo, Telmo, Javi (Yago, m.64), Nando (Sancho, m. 64), Richi (Berni, m. 75), Somoza (Jandro, m. 75), Rubén, Samu, Iago, Taboada
Goles: 0-1, min. 23: Javi; 1-1, min. 66: Paxaro.
Árbitro: Rubén Pérez Martínez, do colexio de Ourense, auxiliado por Rodicio González,e López Igrexas. Mostrou amarelas a Moya, Adrián, Fraga,Richi, Telmo e Samu.
Incidencias: Partido disputado no campo do Poboado, ante uns 50 espectadores, nunha asollada tarde.

Comentarios