Ramón Rozadillas debuta como escritor cun libro de poemas

O centro sociocultural de Meira acolle mañá a presentación de em <>A pesar de todo, que estará á venda na librería Pedregal
Ramón Rocillas, con su libro. EP
photo_camera Ramón Rozadillas, co seu libro.

O madrileño Ramón Rozadillas, que leva 30 anos en Galicia, os últimos 14 fincado en Meira, tirouse á piscina", como el mesmo di, coa publicación do seu primeiro poemario, A pesar de todo, a través do que saca á luz unha colección de poemas escritos na súa mocidade.

"Algúns terán 40 anos", explica Ramón sobre boa parte da trintena de composicións que inclúe nunha obra editada por Círculo Rojo, que supón o seu debut literario e tamén o ver unha vella ilusión cumprida.

"Moitos son poemas de barrio", apunta, precisando que os seus versos se inspiran nas súas vivencias no barrio madrileño da Concepción, onde residía ata que o seu traballo levouno a trasladarse á Montaña lucense. Ramón tamén quixo incluír no libro algunhas composicións actuais, inspiradas no río Miño ou o poeta meirego Avelino Díaz.

Para dar a coñecer máis detalles da súa obra e animar a outros a ler ou a escribir poesía, Ramón Rozadillas presenta A pesar de todo mañá mércores, a partir das 19.00 horas, no centro sociocultural de Meira.

Ademais, as persoas interesadas en facerse cunha copia do poemario, cuxa "preciosa" portada é obra da pintora Isabel Calvete, poderán adquirilo na librería e papelería Pedregal de Meira.

Vinculado laboralmente desde hai anos á Xunta de Galicia, agora no servizo de incendios de Lugo, Ramón Rozadillas é un gran coñecedor do monte galego, "a NBA do forestal", o que unido ao seu desexo de seguir escribindo, fai que xa pense no seu seguinte proxecto, plasmar por escrito algunhas das experiencias vividas por mor do seu traballo.

Comentarios