miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

Queixas veciñais en Castro de Rei pola aparición dun carneiro morto no río

El animal, en el río. EP
El animal, en el río. EP
O animal foi avistado o venres

Vecinos de Castro de Rei fixeron público o seu malestar pola aparición dun carneiro morto no río Torneiros, nas inmediacións da ponte de Portomuíño, nun dos accesos ao núcleo de Castro de Rei.

"Vímolo este venres e avisamos ao Seprona", explica un veciño, que engade que cre que o animal "non podía levar alí moitos días". "Resulta difícil de crer que fose un accidente, porque o río non leva tanta auga como para que afogase", di tamén este veciño, apuntando á existencia dunha posible intencionalidade e que algunha persoa "o tirase adrede para desfacerse del".

Este incidente é ademais o segundo no que vai de ano, pois a principios de mes tamén se denunciaba en redes sociais a presenza das vísceras doutro animal na canle fluvial, nas mesma zona na que agora apareceu o cadáver do carneiro.

Queixas veciñais en Castro de Rei pola aparición dun carneiro morto...
comentarios