O público de 'OT' elixe favorita a Sabela

A concursante pontesa sálvase da nominación tras unha actuación que non foi das mellores da noite

Sabela, en la gala 8 de 'OT'. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)
photo_camera Sabela, na gala 8 de 'OT'. YOUTUBE (OPERACIÓN TRIUNFO)

Logo de tres semanas entre os máis votados, Sabela Ramil converteuse este mércores en favorita do público de Operación Triunfo 2018 tras superar en apoios a Julia e Alba —as outras dúas concursantes máis votadas—.

A elección como favorita chegou nun bo momento para Sabela. A pontesa continúa polo menos dúas semanas máis no concurso, salvándose automaticamente da nominación tras unha actuación que a puido poñer na corda frouxa. De feito a valoración do xurado non foi do todo positiva para a galega. "Hoxe non foi a túa mellor noite, estabas máis insegura, posiblemente polos problemas que tiveches na voz", afirmou Ana Torroja, quen, con todo, valorou a súa evolución dentro do programa. "A túa traxectoria foi in crescendo. Iso o público veo e nós tamén", dixo.

EXPULSIÓN E NOMINADOS. Carlos Right foi o concursante expulsado na Gala 8. Marilia, que conseguiu un 57% dos votos da audiencia para continuar na academia volve estar nominada —por terceira semana consecutiva— e enfrontarase, xunto a Marta, á expulsión o vindeiro mércores.

O xurado tamén propuxo para abandonar a academia a Famous e María. O primeiro foi salvado polos profesores, mentres que os compañeiros elixiron á madrileña para continuar na academia.
 

Comentarios