miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

Provocan un pequeno incendio no antigo colexio Pardo Bazán das Pontes

Camión de bomberos del parque de O Eume.EP
Camión de bomberos del parque de O Eume.EP
Uns menores prenderon lume aos libros que se amontoan á entrada do abandonado inmoble

A canallada duns menores provocou un lume o venres pola tarde no antigo colexio Nebrija-Pardo Bazán das Pontes que fixo arder parte dos libros que se acumulaban amontoados na entrada do centro escolar, en estado de abandono tras pechar as súas portas no ano 2009.

As chamas, por sorte, non provocaron máis danos nin afectaron á estrutura do edificio.

Estado no que se atopa a entrada do antigo colexio. EP

Un particular alertou pasadas as 18.00 horas á central de urxencias do 112 Galicia, que mobilizou á Policía Local, efectivos de Protección Civil da localidade e da Garda Civil, ademais da os bombeiros do parque comarcal do Eume, que desprazaron ata o lugar dous camións.

O centro está abandonado pero a miúdo cóase xente no seu interior. O Concello anunciou hai pouco que avanza nas negociacións coa actual propiedade –unha inmobiliaria de Ferrol– para facerse coa titularidade dun gran edificio situado no Rúa Pardo Bazán, preto das zonas deportivas do Poboado.

Provocan un pequeno incendio no antigo colexio Pardo Bazán das Pontes